sexta-feira, julho 27, 2007

José Alho



José Alho é colaborador do Congreso e dinamizador da área de traballo Educación Ambiental e Turismo.


Licenciado en Bioloxía pola Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coimbra. Técnico de Conservación da Natureza e xestor de proxectos de Educación Ambiental, conta no seu currículo a representación na Liga para a Protección da Natureza (LPN) no grupo de traballo da Comisión Nacional da UNESCO para a elaboración da lista indicativa de bens a propoñer para a clasificación do Patrimonio Mundial en Portugal. Foi responsable de varias publicacións de sensibilización e divulgación no campo da Educación Ambiental. É frecuente a súa participación como orador sobre o tema do medio ambiente tanto en Portugal como no estranxeiro. É presidente da Dirección Nacional da LPN desde abril de 2002.


Actual Director do Parque Natural das Serras de Aire e Candeeiros e responsable da Xestión da Reserva Natural do Paul do Boquilobo.

Nenhum comentário: