quinta-feira, agosto 23, 2007

Marilia Andrade Torales


Forma parte do Comité Organizador do Congreso. Xunto con Joaquim Ramos Pinto son os coordinadores do grupo de Puntos Focais e organizadores do primeiro "Encontro dos Puntos Focais Luso-Galaicos en Educación Ambiental". Dinamizará, con Francisco Candia, a área de traballo Educación Ambiental no Sistema Educativo no cál Ana Benavente é a conferenciante convidada.

É Mestre e Doutora en Ciencias da Educación (Mestrado en Educación Ambiental (FURG-Brasil) e Doutorado Interuniversitario en Educación Ambiental (USC-Espanha)). Actualmente é Vice-Presidente da Dirección da Asociación Internacional de Investigadores en Educación Ambiental / Nerea-Investiga e membro investigadora do Grupo SEPA-Interea (Educación Ambiental e Pedagoxía Social) da Universidade de Santiago de Compostela no cál desenvolve súas actividades pos-doutorais Actúa como docente e investigadora do Instituto de Ciencias Humanas, Letras e Artes do Centro Universitario Feevale (Brasil) e desde 2004, integra a Comisión Científica da Revista "Água e Cultura".


Nenhum comentário: