terça-feira, julho 31, 2007

Ana Maria Benavente da Silva Nuno

Ana Benavente é colaboradora do Congreso, sendo conferenciante na área de traballo Educación Ambiental no Sistema Educativo, dinamizada por Francisco Candia e Marilia Andrade Torales.

É investigadora principal no Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa e Vicepresidenta do BIE (Bureau International de l'Education), UNESCO. É Presidenta da Asamblea Municipal do Cartaxo e participou activamente na vida política de Portugal, ocupando cargos de responsabilidade relacionados coa educación.

Consultora científica de proxectos educativos no Instituto de Estudos para o Desenvolvimento (IED) e membro do comité científico da revista de educación da OEI (Organización dos Estados Iberoamericanos). Desenvolveu a actividade docente en centros como a Universidade de Lisboa, onde orientou teses e disertacións de mestrado e doutaramento.

Máis información:
https://www.ics.ul.pt/rd/person/ppgeral.do?idpessoa=3

Nenhum comentário: